RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS




Os residuos sólidos urbanos son os que se orixinan nos núcleos da poboación como consecuencia da actividade habitual e diaria do ser humano.

Eses núcleos son os domicilios particulares, os comercios, as oficinas e os servizos. 
Tamén se consideran residuos urbanos os que non son perigosos e que por natureza se poden asimilar ós producidos nos anteriores lugares.

Nos países desenvolvidos, nos que cada vez se usan máis envases, papel e onde a cultura de “usar e tirar” está moi presente, as cantidades de basura que se xeran foron crecendo ata chegar a cifras moi altas. 


Picture

~Composición dos RSU~

A composición dos residuos sólidos urbanos varía en función de tres factores:
- O nivel de vida da poboación
- A actividade desenvolvida por esta
- A climatoloxía propia da rexión. 

Polo tanto, o emprego de determinados produtos depende destes factores.
Os residuos producidos polos cidadáns comprenden: basura, mobles e electrodomésticos vellos, desperdicios da actividade comercial, restos do coidado dos xardíns(zonas verdes), a limpeza das rúas e das áreas recreativas e das praias, animais domésticos mortos, restos da construción e da reforma de vivendas etc…



-Segundo o Plan Nacional de Residuos Urbanos 2000-2006, a produción media en España dos distintos compoñentes dos residuos urbanos é:

Picture
-    Materia orgánica (supón o 44,06%): restos de alimentos ou de actividades vinculadas á xardinaría (cortado do céspede, podas…) A materia orgánica é o principal compoñente orgánico dos residuos, ainda que nas sociedades desenvolvidas tende a diminuír.

-    Papel e cartón (supón o 21,18%): experimentou un importante incremento nos últimos anos. Un exemplo son os periódicos, as caixas ou os envases.

-    Plástico (supón o 10,59%): é moi usado pola sociedades actual. Debido á sua versatilidade, baixo custo, facilidade de produción e resistencia ós factores ambientais, é usado en casi todos os factores industriais e tamén para a fabricación dunha amplia gama de produtos, dende bolsas de plásticos, ata ordenadores e pezas de vehículos.


-    Vidro (supón o 6,93%): estímase que o consumo de vidro en España ronda os 33 kg por persoa/ano, polo que este producto ten unha gran incidencia no volume total dos residuos urbanos.

-    Metáis férricos e non férricos (supoñen o 4,11%): o estaño, empregado no sector alimentario e industial, é o principal composto derivado do ferro que se encontra presente nos residuos urbanos. O aluminio, usado como material para a elaboración dos botes de bebidas carbonatadas e tetra-briks, é un material non férrico.

-    Madeiras (supoñen o 0,96): este material soe presentarse en forma de mobles.

-   Outros (supoñen eo 12,17%): presentan unha composición moi variada e ó ter uns elementos que por natureza precisan dunha especial atención, chegan a ser considerados como residuos perigosos.



Nas zonas máis desenvolvidas, a cantidade de papel e cartón é máis alta, constituíndo ó redor dun tercio da basura. 
En cambio, si o país está menos desenvolvido, a cantidade de materia orgánica é maior e moito menor a de papeles, plásticos, vidro e metais.



~Xestión dos RSU~

Dacordo coa normativa, a xestión de residuos sólidos urbanos comprende as fases de recollida, transporte, valorización e eliminación(ou transformación).

-Recollida. A utilización de contenedores que recollen separadamente o papel e o vidro está cada vez máis extendida e tamén se están poñendo outros contenedores para plásticos, metais, pilas, etc… Nas comunidades avanzadas, en cada domicilio recóllense os residuos en diferentes bolsas.

 

Picture
Picture
Tamén se están diseñando camións para a recollida e contenedores con sistemas que facilitan a comodidade e a hixiene.
Picture

-Transporte.
É a etapa onde se produce o traslado dos residuos cara estacións de transferencia, plantas de reciclado, clasificación ou valorización enerxética e vertedoiros. 

Os encargados de realizar isto son os camións recolectores comprensores.



-Tratamento. É a etapa final do proceso e a de maior importancia.
Ten tres posibles variantes dependendo da natureza dos residuos. Poderán ser transformados coa finalidade de: 
obter novos produtos(compostaxe ou biometanización), convertilos en combustible co que poder xerar enerxía ou ser eliminados(incineración).

Picture



Compostaxe
: é a degradación bioquímica da materia orgánica que forma parte dos residuos.

Picture


Incineración
: é unha combustión térmica controlada da materia orgánica que forma parte dos residuos para obter como produtos: cinzas, dióxido de carbono e auga, ademáis de dioxinas e furanos(contaminantes do aire).


Isto todo pode ser levado a cabo en:


Picture




Vertedoiros controlados

Picture




Vertedoiros incontrolados ou clandestinos: ocasionan graves problemas ambientais.



~Problemas provocados polos RSU~

Os residuos sólidos urbanos provocan unha serie de problemas e dependendo de si son ou non tratados de forma adecuada, serán de maior ou menor gravidade. Os principais efectos que provocan son: 

Picture


-Contaminación atmosférica:
 Xérase metano, un gas de efecto invernadoiro, o cal é o principal responsable dos incendios e explosións nos vertedoiros. 



Picture

-Contaminación edáfica:
Ó depositarse residuos non biodegradables no solo, as súas propiedades físicas, químicas e biolóxicas vense afectadas. Unha consecuencia directa desta contaminación é a desaparición da flora e fauna.


Picture

-Contaminación das augas superficiais ou subterráneas:
Os líquidos producidos cando a auga se move por un medio poroso, arrastran as substancias tóxicas que se xeran nos vertedoiros. Polo tanto, estas substancias ó estar expostas no noso medio, poden afectarnos producindo graves enfermidades.