A DEFORESTACIÓN:



CAUSAS POLA ACCIÓN HUMANA:

- Cortas a ras sen posterior repoboación.

Picture

     
-As transformacións do solo en terreos adicados á agricultura, á gandaría ou á construcción de estradas:

Picture
Picture

 
As actividades mineiras, a explotación petroleira e a construcción de oleodutos e gasodutos:

Picture

- Construción de presas e embalses: estas causan con frecuencia a inundación de grandes extensións de bosques, o que fai que a madeira se descompoña originando gases que contribúen no quentamento global. Ademais a xente desprazada debe ocupar outras zonas co que, a menudo, se soen destruír bosques.

Picture

- A introdución de flora e fauna axenas ó ecosistema: que fai que as plantas compitan tanto polo solo como polos nutrintes, de tal maneira que as que medren moi rápido poidan portar parasitos nocivos para algunhas especies do bosque que cambien as condicións deste afectándolle directamente.



 CAUSAS NATURAIS:

-Os incendios: destrúen a materia orgánica do solo  facendo desaparecer a vexetación, o que provoca erosión e facilita os escorregamentos de terras nas pendentes.


Picture

-A chuvia ácida: é provocada pola contaminación atmosférica. Aumenta a acidez dos solos, eliminando moitos nutrintes necesarios para as plantas ademais de actuar directamente sobre elas provocando a súa morte ó obstruír o dióxido de carbono os poros polos que a árbore respira.

Picture

 
-Pragas de insectos e enfermidades:

Picture
Picture



CONSECUENCIAS:

A principal consecuencia provocada pola construcción de carreteras é a desaparición de especies en vía de extinción ou únicas nese sitio.

Picture
Picture


- As árbores constitúen unha especie de sumidoiro de dióxido de carbono, pódese dicir que estas son os pulmóns do noso planeta.

A perda dos bosques xera ó ano 2.000 millóns de dióxido de carbono, representando a deforestación o 25% do total das emisións deste gas que produce o efecto invernadoiro.



Picture



-Tamén se destrúe o efecto esponxa, mediante o cal as árbores absorven a auga que o solo non pode, co cal evitan as inundacións:

Picture



Outra causa é a desertificación ou proceso de degradación do solo polo que este perde toda a súa fertilidade. Prodúcese porque as árbores teñen a  capacidade da evapo-transpiración da auga a través das súas follas. O vapor ascende e condénsase formando as nubes, as cales producen as precipitacións que permiten o crecemento das propias árbores. Por outro lado, os desfeitos das follas pudren no chan e convírtense en nutrintes para este. Polo tanto, se se eliminan as árbores, non hai choiva e entón a terra comeza a morrer , producíndose a erosión do solo e convertíndose nun deserto. Na actualidade afecta ó 35% da superficie forestal dos continentes.

Picture

Medidas contra a deforestación:

-A principal medida é a reforestación ou plantación de novas árbores para substituír as que foron taladas.


Picture

-Outra medida pode ser incrementar a vixianza para evitar os incendios provocados e realizar traballos cos que se preparen os montes para estas situacións como por exemplo a limpeza destes espazos.

Picture

-Ou construir cortalumes que en caso de que o lume estea descontrolado, axuden a frear o avance do lume se éste ameaza con seguir arrasando espazos forestais.

Picture


-Incrementar a concienciación cidadá mediante campañas informativas que fagan que todos sexan conscientes da enorme importancia que supón conservar os bosques e a relevancia das nosas actividades niso.


 

 

-Diminuír as fontes de emisións (fábricas, vehículos, centrais eléctricas) de gases nocivos á atmosfera que, ao mesmo tempo que destrúen a capa de ozono, causan chuvia ácida que destrúe os bosques.