A ENERXÍA SOLAR

A enerxía solar é a producida polo sol como resultado das reaccións  nucleares de fusión.  É unha enerxía renovable, limpa e inagotable .
A parte das funcións “naturais” da enerxía solar (como a participación na fotosíntese), esta enerxía pódese usar para moitas outras cousas;A enerxía solar úsase,principalmente (pero non so) para dúas cousas:  para obter calor (enerxía solar térmica) e para obter electricidade (enerxía solar fotovoltaica).
Picture

    ENERXÍA SOLAR TÉRMICA:

A calor do sol é captada mediante captadores ou colectores térmicos, que poden ser colectores de placa plana ou colectores de concentración.
    Colectores de placa plana: Nos procesos térmicos os colectores de placa plana interceptan a radiación solar nunha placa de absorción, pola que pasa un fluído. O fluído quéntase ao pasar polas canles, xa que a placa de absorción transmítelle calor.
Picture





Estes colectores úsanse de forma eficaz para quentar auga e para a calefacción.
Son colectores fixos, e normalmente sitúanse nos teitos das vivendas.

       Colectores de concentración: Son colectores de concentración máis complexos e custosos. Estes dispositivos concentran a enerxía solar incidentes sobre unha zona receptora pequena, como consecuencia de que a zona receptora sexa pequena, a intensidade da enerxía solar increméntase e a temperatura do receptor pode acercarse a centos ou miles de graos Celsius.




Estes colectores úsanse para cubrir grandes necesidades industriais, ás que os colectores de placa plana non lles subministran calor suficiente. Son colectores que se moven para seguir o sol e actuar con máis eficacia.

Picture

    Usos da enerxía solar térmica:

Coa calor recollida mediante os colectores térmicos pódese:
-Quentar auga e comida.
-Dar calefacción ós fogares.
-Climatizar as piscinas.
-Esta calor tamén ten aplicacións agrícolas, como invernadoiros solares, que permitirían maiores colleitas en  menos tempo.
- E tamén se pode usar como sistema de refrigeración.

ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA:

A enerxía solar fotovoltaica é a obtención de enerxía eléctrica a través de paneis fotovoltaicos que absorben a enerxía procedente do Sol. Para xerar esta enerxía é necesario que os raios do sol incidan de forma perpendicular na placa.
A produción de electricidade conséguese mediante un proceso físico denominado "efecto fotovoltaico", que consiste en convertir a luz solar en enerxía eléctrica mediante células semicondutoras elaboradas a base de silicio.Estas células denomínanse células fotovoltaicas. 
 Os paneis solares xeran enerxía eléctrica continua, polo cal é necesario un inversor para poder transformar esta corrente contínua en corrente eléctrica e poder asi usala nas nosas vivendas.
Picture

 Entre as vantaxes das células fotovoltaicas pódense citar que non contaminan, non producen ruído e non consumen ningún combustible.
    Usos da enerxía solar fotovoltaica:
-Para o funcionamento de calculadoras e outros aparatos electrónicos.
-Se a enerxía eléctrica se incorpora diretamente a rede eléctrica, o seu uso amplíase a todos os apratos electrónicos que se conecten a rede eléctrica (electrodomésticos, secadores, lavadoras,...)
- Aplicacións en hortas solares.
- Como suministro de enerxía a lugares que non teñen acceso a rede eléctrica.
-Iluminación pública.

Se queredes ver algúns vídeos interesantes do uso da enerxía solar en España, aquí tendes algúns enlaces...
http://www.rtve.es/alacarta/videos/comando-actualidad/comando-actualidad-pasan-factura-pueblo-solar/1060387/

http://www.youtube.com/watch?v=_AiinzurGNY