QUE SON OS RECURSOS ENERXÉTICOS?
Un recurso enerxético é toda aquela substancia sólida, líquida ou gasosa, da cal podemos obter enerxía a través de diversos procesos.

CLASIFICACIÓN:
Os recursos enerxéticos pódense clasificar, según a súa dispoñibilidade, en dous grupos:
Recursos enerxéticos renovables:
As fontes de enerxía renovables son aquelas que son inesgotables porque están continuamente renovándose.O impacto ambiental das enerxías renovables é menor que as non renovables.
Algúns exemplos deste tipo de enerxía son:
1.Enerxía da biomasa:

Picture

  A biomasa é a enerxía solar convertida pola vexetación na materia orgánica; esa enerxía podémola recuperar por combustión directa ou transformando a materia orgánica noutros combustibles.
Vantaxes:
-Non emite gases que provocan o efecto invernadoiro.
-Ten contidos de xofre practicamente nulos polos que a emisión de dióxido de xofre é mínima. O dióxido de xofre, xunto cos óxidos de nitróxeno, son causas da chuvia ácida.
-Uso da biomasa como biocarburante en motores de combustión interna reduce o empleo dos motores alimentados por combustibles fósiles que provocan altos índices de contaminación.
Incovenientes:
-O rendemento das caldeiras de biomasa é inferior a das que usan combustible fósil.
-Necesítase maior cantidade de biomasa para conseguir a mesma cantidade de enerxía con outras fontes.
-As canles de distribución de biomasa están menos desenroladas que as de combustibles fósiles
2.Enerxía solar térmica:


 
Picture

  Enténdese por enerxía solar térmica, á transformación da enerxía radiante solar en calor ou enerxía térmica. A enerxía solar térmica encárgase de quentar a auga de forma directa alcanzando temperaturas que oscilan entre os 40º e 50º grazas á utilización de paneis solares. A auga quente queda almacenada para o seu posterior consumo.

Vantaxes:
-Os sistemas solares poden supor aforros no coste de preparación da auga quente.
-As placas solares poden ser un complemento interesante de apoio á calefación.
-Na maioría dos casos as instalacións de enerxía solar térmica proporcionan entre un 50 e un 70% da auga quente demandada, polo que sempre necesitan un apoio de sistemas convencionais de produción de auga quente.

Inconvenientes:
-A súa descontinuidade no tempo.
-Sólo aproveitan a radiación directa, polo que necesitan que non haxa nubes.
-As placas solares conteñen silicio e este é un gran contaminante.

3.Enerxía solar fotovoltaica:

Picture

  A enerxía solar fotovoltaica básase na captación de enerxía solar e na súa transformación en enerxía eléctrica por medio de células fotovoltaicas (dispositivos formados por metáis sensibles á luz que desprenden electróns cando os fotóns inciden sobre eles, estes convirten enerxía luminosa en enerxía eléctrica).

Vantaxes:
-Medio ambientais:
        1.Non contamina: non produce emisións de CO2 nin de outros gases contaminantes á atmosfera.
        2.Non consume combustibles.
        3.Non xera residuos.
        4.Non produce ruidos.
        5.É inesgotable.
-Socio-económicas:
        1.A súa instalación é simple.
        2.Require pouco mantemento.
        3.Teñen unha vida longa.
        4.Resiste condicións climáticas extremas.
        5.Non existe unha dependencia dos países produtores de combustibles.
        6.Instalación en zonas rurais: desenrolo tecnoloxía propias.
        7.Utilízase en lugar de baixo consumo e en casa ubicadas en paraxes rurais onde non chega a rede eléctrica xeneral.
        8.Venta de excedentes de electricidade a unha compañía eléctrica.
        9.Tolera aumentar a potencia mediante a incorporación de novos módulos fotovoltaicos.

Incovenientes:
-O seu elevado custo. Unha instalación que cubrise as necesidades dunha familia podería custar máis de 30000€, o que a fai cara para uso doméstico.

4.Enerxía hidráulica:



Picture

  Enerxía hidráulica, é a enerxía que se obtén da caída da auga desde certa altura a un nivel inferior o que provoca o movemento de rodas hidráulicas ou turbinas. A hidroelectricidade é un recurso natural dispoñible nas zonas que presentan suficiente cantidade de auga.O seu desenrolo require construír pantanos, presas, canais de derivación, e a instalación de grandes turbinas e equipamento para xerar electricidade.

Vantaxes:
-Trátase dunha enerxía renovable e limpa de alto rendemento enerxético.

Inconvenientes:
-A construción de grandes embalses pode inundar importantes extensións de terreo.
-Destrución da natureza.
-Cambia os ecosistemas no río augas abaixo.
-Pode provocar unha modificación drástica do caudal do río e polo tanto unha alteración nos ecosistemas

5.Enerxía eólica:




Picture

  A enerxía eólica é a enerxía cuia orixe provén do movemento de masa de aire, é dicir, do vento.
Vantaxes:
-Procede indirectamente do sol, que quenta o aire e ocasiona o vento.
-Renóvase de forma continua.
-É inesgotable.
-É limpa. Non contamina.
-É autóctona e universal. Existe en todo o mundo.
-Co avance tecnolóxico cada vez é máis barata.
-Permite o desenrolo sen expoliar a natureza, respetando o medio ambiente.
-As instalación son facilmente reversibles.

Inconvenientes:
-Impacto visual
-Impacto sobre a avifauna
-Impacto sonoro

6.Enerxía xeotérmica:

Haz clic aquí para modificar.
Picture

  A enerxía xeotérmica é aquela enerxía que pode obterse mediante o aproveitamento da calor do interior da Terra. Este calor débese sobre todo ó gradiente xeotérmico.

Vantaxes:
-É unha fonte que evitaría a dependencia enerxética do exterior.
-Os residuos que produce son mínimos e ocasionan menor impacto ambiental que os orixinados polo petróleo, carbón…
Inconvenientes:
-En certos casos emisión de ácido sulfhídrico.
-Raramente lixeira emisión de CO2.
-Contaminación de augas próximas con substancia como arsénico, amoníaco, etc.
-Contaminación térmica.
-Perigo de enfriamento do magma cas conseguintes consecuencias.
-Deteriorización da paisaxe.
-A enerxía xeotérmica non pode transportarse como enerxía primaria.
-Só se pode acceder á xeotermia en determinadas zonas.
    Recursos enerxéticos non renovables:
    Enerxía non renovable refírese a aquelas fontes de enerxía que se encontran na natureza nunha cantidade limitada e unha vez consumidas na súa totalidade, non poden substituírse, xa que non existe sistema de produción ou extración viable.
    Algúns exemplos de enerxías non renovables son:

    1.Petróleo:

Picture

  O petróleo formouse, baixo a superficie da terra, debido á descomposición de organismos mariños. A enerxía do petróleo e os seus derivados non é unha enerxía renovable, senon que pertence ó grupo das enerxía fósiles e contaminantes.Os sedimentos petrolíferos fanse máis pesados e caen ó fondo da auga como consecuencia do seu propio peso.
Vantaxes:
Inconvenientes:
-É esgotable
-É moi contaminante

2.Carbón:




Picture

  O carbón é un combustible fósil, de cor negra, formado pola acumulación de vexetais. É unha das principais fontes de enerxía non renovable, dado ó poder calorífico que almacena.
Vantaxes:
-Enerxía barata
-Enerxía cun alto poder enerxético
Inconvenientes:
-É bastante contaminante.
-As minas das que se extraen ofrecen pouca seguridade ós traballadores e os accidentes son habituais.

3.Gas natural:




Picture

  O gas natural é unha mestura de gases que se encontra frecuentemente en xacementos fósiles, no-asociado (só), disolto ou asociado con petróleo ou en depósitos de carbón.Aínda que a súa composición varía en función do xacemento do que se extrae está composto principalmente por metano.
Vantaxes:
-Barato
-Rendemento enerxético maior que outras fontes enerxéticas
-Suministro permanente que non obriga a almacenamentos nin se arrisca a desabastecementos.
-Reserva mundial inmersa(superior a do petróleo)
-Menor contaminación indirecta que outras fontes enerxéticas, xa que non necesita transporte por estrada.

Inconvenientes:
-Non é unha fonte enerxética renovable.
-A instalación de condutos produce impactos ambientais, aínda que limitados.
-Xera elementos químicos na combustión, aínda que en menor proporción e con menor incidencia.

4.Enerxía nuclear:




Picture

  A enerxía nuclear ou enerxía atómica é a enerxía que se libera espontánea ou artificialmente nas reaccións nucleares. Sen embargo, este termo engloba outro significado, o aproveitamento de dita enerxía para outros fins, tales como a obtención de enerxía eléctrica, térmica e mecánica a partir de reaccións atómicas, e a súa aplicación, ben sea con fins pacíficos ou bélicos.

Vantaxes:
-Non emite gases contaminantes á atmosfera
-Ten un alto rendemento
-É unha enerxía relativamente barata
Inconvenientes:
-Impacto ambiental por radiación e deterioro na extracción do uranio.
-Elevada inversión na construcción e limitado número de anos de uso polo dano acumulativo que exerce a radiación atómica nas propias instalacións.
-Elevado coste de mantemento e de medidas de seguridade para evitar fugas radiactivas.
-Provoca danos moi graves no entorno
-Contaminación térmica na auga que se emprega para refrixerar o reactor.
-Producción de residuos radiactivos moi perigosos e imposibles de eliminar cunha actividade contaminante de miles de anos.